POLÍTICA DE PRIVACIDADE ABRAITE
INFORMACIÓN XERAL
Información ó usuario da existencia de ficheiro e solicitude do consentemento para o tratamento automatizado dos datos En relación cos datos de carácter persoal facilitados polos interesados nos formularios habilitados no sitio web www.abraite.com, infórmase que a normativa vigente cúmprese estrictamente en materia de protección de datos de carácter persoal e que os datos proporcionados, no seu caso, serán incluidos nun ficheiro responsabilidade de Tania Casal Calvo (en adiante, o Propietario ou Editor) para o seu tratamento conforme ás finalidades descritas nesta Política de Privacidade e nos formularios habilitados en cada caso, prestando os interesados o consentemento para dito tratamento mediante a aceptación da presente política de privacidade ou mediante o envío de información por calquera dos medios previstos no sitio web.
Finalidade dos datos
O Propietario recolle determinados datos persoais que son introducidos voluntariamente polos usuarios nos distintos formularios (“Contactar agora”, “Acceder”, “A miña conta”, “Pago Instantáneo”, “Opinións” e “Enderezo de envío”) que existen no sitio web www.abraite.com. Os datos son empregados coas seguintes finalidades:
· Xestionar as solicitudes de información, contacto ou resolución de incidencias realizadas polos usuarios a través dos medios de contacto publicados no sitio web (“Contactar agora”).
· Xestionar os perfís, pedidos, devolucións, enderezos, listas de desexos y vales de descontos dos usuarios (“Acceder” e “A miña conta”)
· Xestionar os comentarios publicados e/ou compartidos polos usuarios do sitio web (“Opinións”).
Obligatoriedade dos datos
Os campos obligatorios identifícanse mediante o uso dun asterisco (*) ou mediante a indicación expresa da súa necesidade (obligatorio). No caso de non rechear os campos obligatorios, non sería posible xestionar a solicitude enviada ou o pedido dos usuarios.
Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
Os interesados poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, e revocar o consentemento prestado en cada caso para o tratamento e/ou cesión dos seus datos, en calquera momento solicitándoo por correo postal ó propietario no seguinte enderezo: EIRÓ N10 DODRO 15981 A CORUÑA ou remitindo unha mensaxe de correo electrónico ó seguinte enderezo electrónico info@abraite.com. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.
Responsable do tratamento
O propietario é o Responsable do tratamento dos datos, cuxo domicilio indícase na cláusula anterior. O propietario terá que haber inscrito debidamente os seus ficheros na Agencia Española de Protección de Datos, puidéndose consultar os mesmos en www.agpd.es.
Cesión de datos
Os datos proporcionados polos interesados non son cedidos a terceiros, salvo que o Propietario sexa autorizado para elo expresamente, e só comunicaranse, no seu caso, para poder xestionar os servizos que solicitan os usuarios. A comunicación dos datos está ligada coa finalidade mesma para a que os datos foron introducidos e, polo tanto relacionada coa libre e lexítima aceptación da relación xurídica existente entre os interesados e o Propietario, cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implican necesariamente a conexión dos datos e que inclúe a transmisión necesaria dos mismos. Mediante a aceptación da presente política de privacidade os interesados declaran ter sido informados e consinten, sen reservas, a comunicación dos seus datos nos términos indicados nesta cláusula. Os interesados poden revocar o consentemento prestado tal e como indica a presente política.
Os usuarios deben absterse de proporcionar datos personaos de outras persoas, salvo que estén expresamente autorizados por ditas persoas, para facilitalos e que foran previamente informados das condicións aplicables ó tratamento dos seus datos conforme ó disposto na presente Política de Privacidade. O propietario poderá dirixirse en calquera momento aos usuarios para que acrediten a existencia e contido das autorizacións mencionadas.
Seguridade
O propietario asegura a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais tratados, adoptando para elo as medidas de seguridade, de índole técnica e/ou organizativa, necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos, garantindo así a seguridade dos mesmos. O propietario non responderá en ningún caso das incidencias que poidan xurdir en torno aos datos persoais cando se deriven ben dun ataque ou acceso non autorizado aos sistemas de tal forma que sexa imposible de detectar polas medidas de seguridade implantadas.
Cookies
O Editor únicamente utiliza, no seu caso, cookies para efectuar o troco de datos a través de redes de comunicación electrónicas, ou cando estas son estrictamente necesarias para a prestación dunha funcionalidade, que forma parte dun servizo da sociedade da información, expresamente solicitada polo usuario. No caso de que o uso das cookies non cumprira algunha das finalidades indicadas, o Editor solicitará o consentemento informado do usuario para a utilización de ditos dispositivos de almacenamento e recuperación de datos no seu equipo (p.ex. mediante unha ventá emerxente ou mediante un sistema de información por capas). As cookies utilizadas non conteñen información persoal que identifique ó usuario. En calquera caso, o usuario pode configurar o seu navegador para que no se lle instalen cookies ou para recibir un aviso en pantalla cada vez que unha cookie queira instalarse, puidendo decidir en cada momento se se acepta ou non. Para coñecer a política de instalación e xestión de dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais do sitio web consulte a Política de Cookies.
Veracidade dos datos
Os usuarios son responsables da veracidade dos datos proporcionados, e comprométense a non introducir datos falsos e a proceder á modificación dos mismos en caso de ser preciso.