Condicións de uso – tenda online

Mediante este documento establécense as Condicións Xerais de Contratación do sitio web www.abraite.com, que ten por obxecto a fabricación e venta de mobiliario.

Tania Casal Calvo(en adiante, ABRAITE), con NIF 44845414Z e enderezo sito en EIRÓ N10 DODRO 15981 A CORUÑA por parte daquelas persoas físicas ou xurídicas (en adiante, persoa contratante ou usuario) que manifiesten a súa vontade de adquirir os produtos que están á súa disposición na tenda do sitio web www.abraite.com mediante a solicitude realizada por medios electrónicos, concretamente, vía internet a través dese sitio web titularidade de ABRAITE.

1.- INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN CONTRACTUAL. ACEPTACIÓN DO CONTRATO

As presentes Condicións Xerais de contratación son expostas con carácter permanente no sitio web www.abraite.com, titularidade de ABRAITE, poidendo todo usuario arquivalas, imprimilas e, polo tanto, estar previamente informado das condicións nas que se efectuará a contratación dos productos da tenda (en adiante, o produto).

Da mesma forma, as presentes Condicións Xerais reitéranse xunto cun resumo da solicitude específica –produto/s específico/s contratado/s, coste coa indicación de impostos se fosen de aplicación, gastos de envío, etc.- para a súa aceptación expresa por parte da persoa contratante, mediante un clic de “Lin e acepto os termos e condicións”, cada vez que se faga una solicitude concreta a través do sitio web.

Non é técnicamente posible que a persoa contratante poida finalizar a solicitude sen que se teña producido a aceptación das presentes Condicións Xerais. Para que a persoa contratante poida efectuar esta aceptación e, polo tanto, realizar a solicitude, debe proporcionar os seus datos ó realizar o pedido en www.abraite.com, momento no que acepta as presentes Condicións e a Política de Privacidade do sitio web.

A persoa contratante, ó aceptar estas Condicións da o seu consentemento expreso e sen reservas para que ABRAITE realice as operacións de cobro precisas para a adquisición do produto que contrata, autorizando expresamente a ABRAITE para realizar os cobros nos métodos de pago que ela mesma escolla, uo introducido dende a área segura habilitada ó efecto, de conformidade coa normativa de servizos de pago.

As presentes Condicións Xerais unidas á solicitude específica realizada a través de Internet pola persoa contratante –tamén denominada “Condicións particulares”- configuran o contido do contrato entre ABRAITE e a persoa contratante que declara ter capacidade suficiente para contratar y que ten lido, entendido e aceptado as presentes condicións.

ABRAITE, no momento de producirse a contratación e nun prazo non superior ás 72 horas enviará o enderezo de correo electrónico asociada á conta da persoa contratante a confirmación do pedido realizado.

A persoa contratante disporá con carácter permanente das presentes Condicións Xerais no sitio web. Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será exposta claramente nun lugar de fácil acceso no sitio web www.abraite.com. Toda a documentación sinalada anteriormente poderá ser impresa y arquivada pola persoa contratante, e poderá solicitala en calquera momento ó Servizo de Atención ao Cliente, vía correo electrónico remitido a info@abraite.com.

Calquera solicitude de información, ou reclamación que sexa considerada pertinente, poderá plantearse ó Servizo de Atención ao Cliente nas sinais identificadas no parágrafo anterior. O Servizo acusará recibo da reclamación presentada mediante a remisión do pertinente xustificante –coa correspondente clave identificativa- ó enderezo de correo electrónico que deberá proporcionarse ao Servizo de Atención ao Cliente para tramitar a reclamación.

2.- OBXECTO

Polo presente contrato, ABRAITE comprométese a entregar á persoa contratante o produto que solicitara a través do sitio web www.abraite.com a cambio dun prezo certo e en atención ás condicións que establece este documento.

3.- DEREITOS E OBRIGAS DE ABRAITE

3.1. Entrega do produto

ABRAITE comprométese a entregar o produto en perfecto estado no enderezo que a persoa contratante sinale no formulario de pedido onde constan as condicións particulares unidas ás presentes condicións xerais. ABRAITEnon será responsable polos erros causados na entrega cando os datos introducidos pola persoa contratante no formulario de pedido no se axusten á realidade ou foran omitidos.

Agás que as partes acorden outra cousa, ABRAITE entregará o produto mediante a transmisión da súa posesión material ou control á persona contratante, sen ningunha demora indebida e de conformidade cos prazos indicados no sitio web. Os prazos de entrega son de entre 7-10 días laborais. Nos produtos feitos a medida os prazos poderían non ser estes, polo que recomendamos aos clientes que consulten previamente. En ningún caso superarán os trinta días naturais contados a partir da celebración do contrato.

Os artigos mercados en www.abraite.com serán enviados a través do sistema proporcionado pola web PackLink. As condicións de envío e seguimento estarán suxeitas ás que figuran no sitio web da empresa Pack Link:

https://pro.packlink.es/transportistas/

3.2. Responsabilidade de ABRAITE

ABRAITEen ningún caso será responsable en relación a:

-Os erros, retrasos no acceso por parte da persoa contratante á hora de introducir os seus datos no formulario de pedido, a lentitude ou imposibilidade da confirmación do pedido ou calquera anomalía que poida xurdir cando estas incidencias sexan debidas a problemas na rede Internet, causas de caso fortuito ou forza maior e calquera outra incidencia imprevisible allea á boa fe de ABRAITE.

En todo caso ABRAITE comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario á persoa contratante para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.

- Os erros ou danos producidos por un uso do produto pouco eficiente e de mala fe por parte da persoa contratante.

- A non operatividade do enderezo de correo electrónico facilitado pola persoa contratante para o envío da confirmación do pedido.

No caso de que o produto recibido non sexa do agradado do cliente terá un prazo de 7 días para devolvelo dende a súa recepción. O cliente farase cargo dos gastos de envío para a devolución do produto.

Os produtos feitos a medida non poderán ser devoltos en ningún caso.

ABRAITE ten a absoluta responsabilidade pola calidade do produto admitindo a devolución dos mesmos sempre que sexan defectuosos ou non cheguen á persoa contratante en bo estado. ABRAITE farase cargo, neste caso, dos gastos ocasionados como consecuencia de tal devolución sempre que a persoa contratante comunique este feito, nun prazo máximo de catorce días naturais contados dende a data de entrega e o produto non fora usado nin alterado en ningún caso. ABRAITE queda exenta de toda responsabilidade en relación coas posibles roturas ou defectos do produto producidos despois da entrega deste. Ademáis, ABRAITEno terá ningunha responsabilidade en relación co produto que fora xa usado ou empregado sen ningún tipo de incidencia por parte da persona contratante que pretende realizar unha reclamación.

A persoa contratante, antes de firmar a entrega do pedido deberá revisar que o produto é entregado en perfecto estado, se da a súa conformidade no momento de entrega entenderase por ambas partes que o produto foi entregado correctamente e que polo tanto, o posible deterioro produciríase con posterioridade á súa entrega.

A persoa contratante renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do sinalado anteriormente nesta cláusula. En todo caso, a responsabilidade de ABRAITEse incumpre o sinalado neste acordo según os termos das presentes condicións xerais limitarase á devolución do importe que, no seu caso houbese podido aboar a persoa contratante en relación co produto e sempre previa devolución por parte da persoa contratante do produto en cuestión.

O produto contratado dispón da garantía de conformidade prevista na Lei. Se o produto non fora conforme con contrato, a persoa contratante poderá optar entre esixir a sustitución do produto, ou, no seu caso, a rebaixa do seu prezo ou a resolución do contrato, nos termos legalmente establecidos.

4.- DEREITOS E OBRIGAS DA PERSOA CONTRATANTE

4.1. Pago

A persoa contratante comprométese a aboar oimporte polo produto efectivamente solicitado na cantidade e forma establecida nestas Condicións.

4.1.1. Importe

A remuneración polo produto efectivamente solicitado pola persoa contratante será a sinalada no sitio web e a que figure na solicitude concreta da persoa contratante en cada momento (agás no caso de error tipográfico ou manifiesto); solicitudes que constituirán as condicións particulares do pedido. O prezo do produto que aparece no sitio web indícase sempre en euros con impostos incluidos.

No caso de producirse un erro no prezo do produto solicitado pola persoa contratante, ABRAITE informaralle o antes posible e lle dará a opción de reconfirmar o pedido no prezo correcto ou ben anulalo.

O prezo final completo incluirá: os impostos ou taxas, o importe dos incrementos ou descontos que sexan de aplicación á oferta e os gastos adicionais – por exemplo, os asociados ao transporte, medios de pago, etc.- que repercutaranse á persona contratante, os cales serán expresamente aceptados pola persona contratante.

ABRAITEemitirá a factura correspondiente ó producto contratado detallando tódolos conceptos que a conforman. A persoa contratante consinte expresamente a remisión da factura de forma telemática, ó enderezo de correo electrónico proporcionado ó tramitar o pedido. En calquera momento, a persoa contratante pode comunicar o seu desexo de recibir as facturas en soporte papel, mediante comunicación dirixida ao Servizo de Atención ao Cliente.

4.1.2. Formas de pago

A persoa contratante deberá abonar oimporte correspondente ao producto contratado mediante algún dos métodos e procedementos de pago dispoñibles no sitio web. ABRAITE só acepta pagos realizados mediante transferencia bancaria e pago con tarxeta.

Os gastos adicionais asociados aos métodos de pago seleccionados deberán abonarse e confirmarse de forma independiente nos termos que se indican no sitio web. PayPal ten gastos adicionais asociados.

4.2. Desestimento

A persoa contratante, que teña a condición de consumidora de conformidade coa lexislación vixente, pode desistir da contratación realizada en www.abraite.com, sen necesidade de xustificación, no prazo de catorce días naturais contados a partir do día da entrega do último dos productos incluidos no contrato.

Non estará suxeita a desestimento a contratación daqueles produtos que son realizados conforme ás especificacións da persoa contratante e claramente personalizados.

Para exercer o dereito de desestimento, a persoa contratante deberá notificar a súa decisión de desestir do contrato a través dunha declaración inequívoca a: ABRAITE, en EIRÓ N10 DODRO 15981 A CORUÑAo info@abraite.com, indicando que desiste do contrato e proporcionando os siguintes datos: referencia do pedido, data de recepción, nome e apelidos da persona contratante e o seu enderezo. Ademáis poderá empregar o modelo de formulario previsto na normativa vixente sobre defensa de consumidores e usuarios. No caso de presentarse o desestimiento en papel deberá ir debidamente firmado pola persoa contratante. Para cumprir co plazo, basta con que a notificación sexa enviada antes de que finalice o mesmo.

No caso de desestimento por parte da persoa contratante, ABRAITEdevolverá tódolos pagos recibidos, incluidos –no seu caso- os gastos de entrega (excepción feita dos gastos adicionais resultantes da elección por parte da persoa contratante dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos costosa de entrega ordinaria que ofrece ABRAITE), sen ningunha demora indebida. Dito reembolso efectuarase empregando o mesmo medio de pago empregado para a transacción inicial, a non ser que se acordase expresamente o contrario. A persoa contratante non incurrirá en ningún gasto como consecuencia do reembolso. ABRAITE poderá reter o reembolso ata haber recibido os produtos ou ata que presente una proba de devolución destes.

A persoa contratante deberá devolver ou entregar directamente os produtos ABRAITE, en EIRÓ N10 DODRO 15981 A CORUÑA sen ningunha demora indebida e, en calquera caso, a máis tardar no prazo de catorce días naturais a partir da data na que comunique a súa decisión de desistir do contrato. Considerarase cumprido o prazo se efectúa a devolución dos produtos antes de que conclúa dito prazo. A persoa contratante debe asumir o coste directo de devolución dos productos. O coste da devolución dependerá da empresa de transporte e/ou mensaxería seleccionada pola persoa contratante para realizar a devolución do produto.

4.3. Responsabilidade da persoa contratante

A persoa contratante asume tódolos riscos de deterioro, menoscabo, danos e perda do produto dende o momento no que este houbera sido posto a súa disposición polo terceiro que, por conta de ABRAITE, realiza a entrega do produto solicitado.

A persoa contratante será responsable da diminución de valor dos produtos resultante dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a Natureza, as características e, no seu caso, o funcionamento dos produtos.

A persoa contratante comprométese a comprobar o bo estado do produto ante o terceiro que, por conta de ABRAITE, realiza a entrega do produto solicitado, comprobación que realizará con carácter previo á firma do comprobante da entrega efectuada.

5.- RESOLUCIÓN

ABRAITE e a persoa contratante poderán dar por resolto o presente contrato por calquera das causas que se establezan nas leis e en particular polo incumprimento das presentes Condicións Xerais. A resolución do contrato poderá exercitarse contactando coa outra parte:

No enderezo postal proporcionada pola persoa contratante ao contratar o servizo, e no domicilio de ABRAITE, identificando debidamente o contrato que preténdese resolver.

6.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA

ABRAITEinforma que os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web www.abraite.com, atópanse plenamente protexidos polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reproducción, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentemento expreso de ABRAITE.

ABRAITEpode empregar fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e/ou establecer links ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O legítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluidas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

7.- PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos proporcionados pola persoa contratante de conformidade coas presentes Condicións Xerais serán tratados nos termos estipulados na Política de Privacidade publicada no sitio web.

8.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais están rexidas pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflicto que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela, renunciando expresamente a persoa contratante a calquera outro prvilexio que puidera corresponderlle. As persoas consumidoras poden utilizar a plataforma de resolución extraxudicial de litixios, derivados de contratos de compraventa ou prestación de servizos celebrados en línea, accesible mediante o seguinte enlace: http://ec.europa.eu/odr.

9.- OUTROS

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demáis cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente contrato realízase únicamente en español. ABRAITE poderá non exercer algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos agás recoñecemento expreso por parte de ABRAITE.