Tania Casal
Dende que recordo gústame debuxar, pero non só pintaba paisaxes, corazóns e estrelas; senón que me inclinaba máis polas formas xeométricas e os patróns. Recordo ter as libretas da escola todas pintadas separando cada un dos días do cole. Coa idade, o meu interés centrouse nas casas e nos interiores; ademáis gustábame cambiar os mobles da miña habitación cada certo tempo: reorganizaba o espazo e os mobles según me inspirase ou segundo o uso que lle fose dar nese momento da miña vida.
Así como outros nenos non saben que queren ser de maiores, eu creo que o supen dende sempre: apasiónanme as casas, os interiores, os mobles, a decoración, os materiais e todo o que esté relacionado co interiorismo e a arquitectura; pero se me tivese que quedar so cunha cousa, esa sería o momento da distribución dun espazo. Podo chegar a meterme na pel de cada persona e comprender que é o que precisa para lograr a distribución que mellor se adapte a ela. Empecei estudando delineación, por aquilo de que me gustan as distribucións; logo seguín con arquitectura técnica, os materiais e a obra é outra das cousas que me chaman moito, pero non a rematei, xa que sentín que me faltaba algo: o poder deseñar. Cambiei de estudos e cursei deseño de productos, o que me sirviu para implicarme no desenrolo completo de calquera cousa que se poida fabricar. Especialiceime en deseño de mobles, ó tempo que estudaba distintos cursos de interiorismo e decoración.
Mais ou menos polo final do proceso, casaba cun carpinteiro, o que me fixo meterme de cheo no taller e entender por completo o proceso de fabricación de calquera moble: dende o primeiro boceto a lapis nun papel, ata o proceso de fabricación e montaxe. Nacía así ABRAITE, un estudo de deseño onde proxectamos e damos forma e vida ás ideas do cliente.
Fabricación de mobles a medida
Temos taller de carpintaría propio, o que significa que se o cliente así o desexa, podemos fabricar os mobles propostos nos proxectos de interiorismo, conseguindo así pezas únicas, orixinais y 100% adaptadas ó cliente. Tamén facemos toda clase de carpintaría: solos, portas, fiestras, escaleiras, etc. Todo este traballo supón un aforro final ó cliente, xa que se eliminan intermediarios.
Deseño adaptado ó cliente
A nosa experiencia no mundo da madeira e o deseño lévanos a crear ABRAITE, un estudo con carpintaría propia onde proxectamos e damos forma e vida ás ideas do cliente.
Adicámonos ó deseño de mobiliario e de espazos, para crear muebles únicos e ambientes diferentes, que sexan capaces de cubrir os obxetivos e necesidades reais do cliente.
Consideramos que todos nos merecemos un fogar no que nos sintamos cómodos, no cal primen os nosos gustos e que sexa un fiel relexo da nosa personalidade.
Non existe un só modelo de persona, así como tampoco existe un só tipo de deseño, polo que nos adaptamos aos gustos e presupostos dos clientes para que alcancen a vivenda dos seus soños.