O noso pequeno xa se está facendo maior, e xa demandaba o seu propio espazo. Optamos por facerlle unha cama baixa (seguindo a filosofía Montessori) para que tivera completa autonomía. E no resto do dormitorio seguimos a mesma filosofía: caixóns baixos e con apertura/cerre fácil para que el os poidese abrir só; estanterías e caixóns á súa altura para gardar os xoguetes e os contos. Optamos por cores claras para darlle luminosidade ó espazo.
ficha técnica
- Tipo de proxecto: Dormitorio infantil
- Ano: 2019
- Servizos: Deseño, fabricación e montaxe
- Elementos: Armario, cama con somier e moble auxiliar